PRESENTACIÓN XELO


Xelo Teijido



Como anda a cousa, rapazada?


Son Xelo, mestre de Educación Infantil no CEIP Rigoberta Menchú.  Logo dunha ampla formación coas TIC, animeime a dar o paso e mergullarme neste novo proxecto, do que estou seguro que desfrutaremos ao tempo que aprendemos unha morea de cousas ben interesantes!

Para coñecérmonos un chisquiño mellor, direivos que son Graduado en Educación Infantil pola UVigo, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no campus de Pontevedra.

Como curiosidades, podo dicir que escribo poesía, desfruto coa lectura e co teatro, sinto curiosidade polo coñecemento doutras linguas, e gústame a creatividade como medio de expresión a través da arte en tódalas súas vertentes.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRESENTACIÓN DO GRUPO