REFLEXIÓN SOBRE AS TIC
Para nós a tecnoloxía...
...É unha ferramenta de traballo coa que podemos empregar unha ampla variedade de recursos na aula, xa que nos permite economizar en tempos e en espazos permitíndonos traballar incluso de xeito asíncrono. A tecnoloxía tamén é un xeito de integrármonos na sociedade.
...Ocupou un lugar pouco salientable na nosa educación aínda que, a pesares disto, o seu uso está cada día máis posto en valor, debido á multitude de beneficios que aporta no eido da educación.
...Ao noso xeito de ver, cabe salientar que se trata dunha ferramenta de traballo moi útil para as xeracións de nativ@s dixitais, xa que con ela chégase a recursos que doutro xeito só estarían ao alcance dun número bastante máis reducido de persoas, e que lles vai ser de utilidade nun futuro.
Comentarios
Publicar un comentario