AS NNTT NA EDUCACIÓN INFANTIL

 


As NNTT na Educación Infantil

Consideramos que as crianzas aprenden mellor coas novas tecnoloxías, xa que resultan uns recursos atractivos tanto polos deseños coma polos contidos, e tamén polos soportes empregados para o manexo das mesmas. Isto non nos fai mellores nin peores mestres, pero o feito de poder empregalas axeitadamente e sacarlles partido require, pola nosa parte, unha formación previa e adquisición de competencias á hora de traballar con elas como guías do noso alumnado.

Na aula, empregarémolas como un recurso cotiá que formará parte dos contidos do noso día a día coa finalidade de acadar os obxectivos que se deben  cumprir nesta etapa educativa.

Pensamos, que as NNTT serven como medio para traballar os diversos contidos do currículo mais, á súa vez, teñen como finalidade que o alumnado chegue a se desenvolver de xeito satisfactorio en calquera campo no que se vexa na obriga de empregar as TIC nun futuro.

Na nosa opinión, aínda queda un longo camiño por percorrer para que nos colexios de ensino público se chegue a unha dotación óptima de recursos e materiais para poder traballar coas TIC, se ben é certo que na última década se ten avanzado bastante neste eido, tanto a nivel de formación do profesorado coma no investimento para as dotacións de materiais nos centros educativos.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRESENTACIÓN DO GRUPO