CÓDIGO QR
Os códigos QR son un método que nos permite acceder dun xeito sinxelo e rápido a contidos web específicos sen necesidade de ter que introducir manualmente unha URL. Se non dispós de lector de códigos QR á man, preme AQUÍ ou na propia imaxe do código.
Pensamos que esta ferramenta é moi útil, xa que cada vez está máis presente no plano educativo, polo que é importante ir interiorizándolle aos máis cativos e cativas o seu uso. Na educación, estes códigos empréganse cada vez con máis frecuencia, tanto para facer actividades como para facilitar a súa aprendizaxe dunha maneira máis divertida e creativa, cousa que á cativada lle encanta e, porén, resulta motivadora para empregar como ferramenta no día a día na aula, especialmente con aquelas crianzas que aínda non se iniciaron na lecto-escritura ou están comenzando e lles resultaría moi complexo ter que introducir de xeito manual unha url.

Comentarios
Publicar un comentario