NUBE DE PALABRAS



As nubes de palabras son unha representación gráfica dun grupo de verbas, que varían o seu tamaño e cor dependendo da frecuencia coa que se repitan dentro dun tema (a maior número de repeticións, maior tamaño).

Consideramos que as nubes de palabras son unha ferramenta con moitas utilidades, xa que nos permite saber dunha forma rápida e sinxela cales son os conceptos que o alumnado manexa dentro dun tema e, asemade, cales son empregados máis acotío, o que nos serve para reforzar aqueles conceptos menos empregados ou descoñecidos complementando así a información inicial que cada crianza posúe. Tamén serve para traballar co noso alumnado a semántica como contido sobre un tema específico, no noso caso, a alimentación saudábel.

Para acceder á versión interactiva desta nube de palabras, preme AQUÍ ou sobre a imaxe.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRESENTACIÓN DO GRUPO