SOBRE SYMBALOO
SYMBALOO...
...é unha plataforma moi recomendada e utilizada no ámbito educativo, que permite almacenar e agrupar de forma ordenada outras páxinas web e diferentes REA. A través dos enlaces destas pódense crear accesos directos que facilitan a accesibilidade á información e á realización de traballos. Con isto, conséguese ter unha recompilación daquelas plataformas e páxinas empregadas máis acotío, para non perder tempo en buscalas no navegador cada vez que precisemos facer uso delas. En poucas palabras, podemos dicir que é coma un escritorio virtual de enderezos web de uso frecuente.
Para acceder ao noso Symbaloo, preme na imaxe, ou AQUÍ.
Comentarios
Publicar un comentario