XOGO NA REDE - XUV ALIMENTACIÓN SAUDABLE
O Reino Vexetal
(xogo na rede)
A seguir, amósase un xogo no que teremos que ir superando diferentes probas e retos, coma resolver crebacabezas, atopar imaxes que se repiten, ou emparentar por tipos imaxes diversas, para o que se precisa ter memoria e enxeño ademais de coñecementos previos sobre o tema, para ser quen de poder finalmente liberar a un rei e unha raíña que están apresados.
O obxectivo desta proposta de xogo é traballar sobre a alimentación saudábel e, máis concretamente, as verduras, hortalizas e froitas, para saber recoñecelas e diferencialas entre si, ao tempo que se recoñecen coma unha fonte de alimentación saudábel.
A historia que se conta é a dun reino de alimentación saudábel, onde conviven felizmente froitas e verduras ata que, un día, o rei Terrón de Azucre decide invadir este reino para impoñer o reino dos azucres, en prol dunha alimentación non saudábel.
Solicitase a colaboración da persoa para evitar a invasión por parte dos azucres, onde haberá que ir resolvendo as diferentes probas propostas para acadar as tres chaves coas que acceder á casa dos reis e, logo de superar o reto final, poder liberalos...
O xogo resólvese cun final que merece a pena descubrir, e que agocha algunha sorpresa abraiante...
Anímaste a resolvelo? non agardes máis, e mergúllate no reino vexetal ... avante!!

Comentarios
Publicar un comentario