XOGOS DE MESA NA AULA - DOBBLE

 Os Xogos de Mesa na Aula

DOBBLE

Os xogos de mesa na aula son unha ferramenta moi útil para traballar contidos variados cos que acadar diferentes coñecementos, competencias, habilidades e destrezas sociais, etc...

Para traballar a alimentación saudábel e afondar nos coñecementos neste eido, concretamente de froitas, verduras e hortalizas, a proposta que levamos a cabo na aula foi crear unhas fichas de DOBBLE personalizadas coa temática escollida. A máis de buscar as imaxes (sen fondo), e logo de imprimir as fichas, tamén as plastificamos e gardamos, neste caso, nunha latiña de  caramelos con forma circular, (pero que tamén se podería empregar, por exemplo, unha caixa das de queixiños en porcións) xa que, deste xeito, estarán protexidas e perfectamente recollidas, o que fai que a súa durabilidade no tempo sexa maior, podendo botar man delas e empregalas de novo en calquera intre.

A nosa percepción é que a sesión resultou dinámica, amena e atraínte para o estudantado, sen dúbida un xeito lúdico de achegar información ás crianzas sobre a propia contorna.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRESENTACIÓN DO GRUPO