STEAM

 STEAM


Durante a nosa sesión de STEAM puidemos atopar varios recunchos, que nos ofrecían diferentes opcións coas que poder traballar contidos a través da robótica.

Primeiramente, estivemos analizando o robot QOBO CARACOL, e as súas diferentes opcións de uso.

Seguidamente, de xeito conxunto, observamos as opcións que nos ofrecen tanto BEEBOT coma BLUEBOT, cuxa principal diferenza é que o blueboot pódese manexar a través de conexión bluetooth.

A nosa terceira investigación foi con MAKEY MAKEY, algo que nos pareceu moi interesante para traballar na etapa 0-6, tanto pola súa orixinalidade coma polo seu fácil manexo, sinxelo de comprender.

A nosa derradeira parada foi no recuncho do OZOBOT, tamén moi interesante...

Xa para concluír a nosa sesión de STEAM, fixemos unha práctica complementaria, para o que deseñamos e elaboramos o noso propio PAPER CIRCUIT relacionado coa temática do noso proxecto: “alimentación saudable”, cuxo obxectivo é relacionar conceptos con imaxes e, cando se produce un acerto, a luz acéndese.

Finalmente, quixemos recoller dun xeito gráfico e audiovisual o que foi a sesión, fixémolo co deseño, edición, montaxe e creación do seguinte vídeo que publicamos en youtube, e que agardamos que vos resulte de interese

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRESENTACIÓN DO GRUPO