AS NNTT NA EDUCACIÓN INFANTIL
As NNTT na Educación Infantil Consideramos que as crianzas aprenden mellor coas novas tecnoloxías, xa que resultan uns recursos atractivos tanto polos deseños coma polos contidos, e tamén polos soportes empregados para o manexo das mesmas. Isto non nos fai mellores nin peores mestres, pero o feito de poder empregalas axeitadamente e sacarlles partido require, pola nosa parte, unha formación previa e adquisición de competencias á hora de traballar con elas como guías do noso alumnado. Na aula, empregarémolas como un recurso cotiá que formará parte dos contidos do noso día a día coa finalidade de acadar os obxectivos que se deben cumprir nesta etapa educativa. Pensamos, que as NNTT serven como medio para traballar os diversos contidos do currículo mais, á súa vez, teñen como finalidade que o alumnado chegue a se desenvolver de xeito satisfactorio en calquera campo no que se vexa na obriga de empregar as TIC nun futuro. Na nosa opinión, aínda queda un longo camiño por pe...