Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2022

PRÁCTICA NA AULA - QUIZ INTERACTIVO

Imaxe
Práctica na Aula -  QUIZ INTERACTIVO Nesta ocasión levamos a cabo, na aula, o desenvolvemento da posta en práctica dun Quiz interactivo previamente elaborado coa App Quizizz . A sesión na aula resultou dinámica e amena, ao tempo que entretida e motivadora. A acollida por parte do alumnado foi boa. Sen dúbida, unha experiencia para repetir! E ti, a que estás agardando? podes acceder ao Quiz e poñer a proba os teus coñecementos! Avante!

QUIZ INTERACTIVO (Quizizz e Kahoot)

Imaxe
  Quizs interactivos Nesta ocasión, queremos compartir convosco un par de quizs interactivos:  Frutas y verduras  e  ¿Cuánto sabes de frutas y verduras? .  Aproveitando as ferramentas e recursos que nos ofrecen as novas tecnoloxías, especialmente as TIC, apostamos por este xeito diferente de ensinar e aprender. Sentes curiosidade polo mundo da alimentación saudábel? Queres ampliar os teus coñecementos neste eido? Comproba canto sabes sobre o tema cos nosos Quiz interactivos. Podes acceder premendo na icona, ou ben a través dos seguintes enlaces: Frutas y verduras (Quizizz): https://quizizz.com/join/quiz/63591bdfa403b6001ddfe47c/start ¿Cuánto sabes de frutas y verduras? (Kahoot!):  https://create.kahoot.it/share/cuanto-sabes-de-frutas-y-verduras/fd50a3e5-0cef-4bfe-a3ad-e34e036a186c

ACTIVIDADES VARIADAS (Educaplay e Wordwall)

Imaxe
Actividades Variadas Aquí, deixámosvos un par de recursos elaborados con Educaplay  e Wordwall , para poder traballar a adquisición de competencias acerca de froitas e verduras. Trátase de dúas actividades interactivas con un deseño sinxelo e atractivo, para que as crianzas poidan aprender desfrutando. Serás quen de acertalas todas? Aprenderás algo novo que aínda non sabías? Non agardes máis, e que comece o divertimento!

FICHAS INTERACTIVAS (Canva e Liveworksheets)

Imaxe
  Fichas Interactivas Con estas fichas, o que se busca é que as crianzas sexan quen de establecer diferenzas entre os diferentes tipos de alimentos, especialmente as froitas, verduras e hortalizas, encamiñadas ao fomento dunha alimentación saudábel. Trátase de fichas pensadas por e para as crianzas, polo que resultarán atractivas e dinámicas para aprender dun xeito lúdico e ameno. Queres probar canto sabes acerca de froitas, verduras e hortalizas? Pois non agardes máis e divírtete facendo este par de fichas que che propoñemos:  Para acceder a esta ficha interactiva, preme AQUÍ. Para acceder a esta ficha interactiva, preme AQUÍ .

VÍDEOQUIZ (Verduras e hortalizas - Edpuzzle)

Imaxe
VídeoQuiz - Verduras e Hortalizas Trátase dunha ferramenta dixital, coa que creamos un recurso interactivo que axuda a traballar diferentes contidos acerca das verduras e hortalizas. Un xeito ameno e entretido de achegar ás crianzas, para que poidan coñecer diferentes aspectos e características das diferentes variedades de hortalizas e verduras que consumimos habitualmente. Sen dúbida, un recurso moi atractivo para a cativada.  E ti? Canto sabes de verduras e hortalizas? Atréveste con este reto? Non agardes máis, e bota unha ollada! Podes acceder  a este recurso premendo AQUÍ .

AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL - UXÍA

Imaxe
 

AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL - VANESSA

Imaxe
AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL

AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL - XELO

Imaxe
  AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL Este nivel de competencia dixital foi avaliado a través do test fundamentado nos indicadores do documento Marco Común da Competencia Dixital Docente (INTEF, 2017). Baseándose, por exemplo, no coñecemento e manexo de diferentes aplicacións ou ferramentas, entre as que cabe salientar: Canva, Symbaloo, Procomún, Bitmoji, Blogguer, etc ...

NUBE DE PALABRAS

Imaxe
As nubes de palabras son unha representación gráfica dun grupo de verbas, que varían o seu tamaño e cor dependendo da frecuencia coa que se repitan dentro dun tema (a maior número de repeticións, maior tamaño). Consideramos que as nubes de palabras son unha ferramenta con moitas utilidades, xa que nos permite saber dunha forma rápida e sinxela cales son os conceptos que o alumnado manexa dentro dun tema e, asemade, cales son empregados máis acotío, o que nos serve para reforzar aqueles conceptos menos empregados ou descoñecidos complementando así a información inicial que cada crianza posúe. Tamén serve para traballar co noso alumnado a semántica como contido sobre un tema específico, no noso caso, a alimentación saudábel. Para acceder á versión interactiva desta nube de palabras, preme  AQUÍ ou sobre a imaxe.

CÓDIGO QR

Imaxe
  Os códigos QR son un método que nos permite acceder dun xeito sinxelo e rápido a contidos web específicos sen necesidade de ter que introducir manualmente unha URL. Se non dispós de lector de códigos QR á man, preme AQUÍ  ou na propia imaxe do código. Pensamos que esta ferramenta é moi útil, xa que cada vez está máis presente no plano educativo, polo que é importante ir interiorizándolle aos máis cativos e cativas o seu uso. Na educación, estes códigos empréganse cada vez con máis frecuencia, tanto para facer actividades como para facilitar a súa aprendizaxe dunha maneira máis divertida e creativa, cousa que á cativada lle encanta e, porén, resulta motivadora para empregar como ferramenta no día a día na aula, especialmente con aquelas crianzas que aínda non se iniciaron na lecto-escritura ou están comenzando e lles resultaría moi complexo ter que introducir de xeito manual unha url.

INFOGRAFÍA (GENIALLY)

Imaxe
Trátase dunha ferramenta moi útil á hora de deseñar diferentes infografías, presentacións, cartaces, etc. xa que conta con planteis predeseñados que se poden modificar segundo conveña, optimizando así os tempos empregados para o deseño e elaboración dos diferentes documentos dispoñíbeis. Conta cunha  ampla variedade de deseños totalmente personalizábeis, o que fai que sexa unha recurso moi axeitado para desenvolver o noso maxín e creatividade case sen límite. Como pequena mostra, xeramos a infografía do noso proxecto.  Para poder visualizala, preme sobre a imaxe, ou AQUÍ .

SOBRE SYMBALOO

Imaxe
SYMBALOO... ...é unha plataforma  moi recomendada e utilizada no ámbito educativo, que permite almacenar e agrupar de forma ordenada outras páxinas web e diferentes REA. A través dos enlaces destas pódense crear accesos directos que facilitan a accesibilidade á información e á realización de traballos. Con isto, conséguese ter unha recompilación daquelas plataformas e páxinas empregadas máis acotío, para non perder tempo en buscalas no navegador cada vez que precisemos facer uso delas. En poucas palabras, podemos dicir que é coma un escritorio virtual de enderezos web de uso frecuente. Para acceder  ao noso Symbaloo, preme na imaxe, ou AQUÍ .

SOBRE OS REA E REPOSITORIOS

Imaxe
REA...  (Recursos Educativos Abertos)   ...son materiais pedagóxicos de dominio público que se poden empregar libremente e de xeito gratuito. Trátase de instrumentos de traballo moi útiles, xa que permiten ampliar o campo de información e os recursos dos que se dispón, que poden ser recursos interactivos, contidos didácticos, etc... Deste xeito, atopamos sempre repositorios dos que poder botar man, ou que sirvan de inspiración para a elaboración de novas creacións aplicando pequenas variacións, o que nos permite facer unha adaptación óptima para os nosos traballos.