Publicacións

A XEITO DE DESPEDIDA...

Imaxe
ATA A PRÓXIMA, AMIG@S! Pois, ata aquí esta nosa aventura, coa que agradamos que teñades desfrutado e que vos teña feito pasar momentos de diversión, ao tempo que vos deixa boas lembranzas e unha morea de novos coñecementos tanto ás crianzas coma ás familias e demais persoas que estivestes aí... Graciñas por nos ler todo este tempo e visitar o noso brogue, xa que sen vosoutras/os este proxecto non tería sentido.  Agardamos atoparvos de novo no vindeiro curso, no que traeremos novidosos e interesantes contidos... N on deixedes de seguirnos! Agarimosamente, a equipa de X U V .  

STEAM

Imaxe
  STEAM Durante a nosa sesión de STEAM puidemos atopar varios recunchos, que nos ofrecían diferentes opcións coas que poder traballar contidos a través da robótica. Primeiramente, estivemos analizando o robot QOBO CARACOL, e as súas diferentes opcións de uso. Seguidamente, de xeito conxunto, observamos as opcións que nos ofrecen tanto BEEBOT coma BLUEBOT, cuxa principal diferenza é que o blueboot pódese manexar a través de conexión bluetooth. A nosa terceira investigación foi con MAKEY MAKEY, algo que nos pareceu moi interesante para traballar na etapa 0-6,  tanto pola súa orixinalidade coma polo seu fácil manexo, sinxelo de comprender. A nosa derradeira parada foi no recuncho do OZOBOT, tamén moi interesante... Xa para concluír a nosa sesión de STEAM, fixemos unha práctica complementaria, para o que deseñamos e elaboramos o noso propio PAPER CIRCUIT relacionado coa temática do noso proxecto: “alimentación saudable”, cuxo obxectivo é relacionar conceptos con imaxes e, cando se...

XOGO NA REDE - XUV ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Imaxe
O Reino Vexetal (xogo na rede) A seguir, amósase un xogo no que teremos que ir superando diferentes probas e retos, coma resolver crebacabezas, atopar imaxes que se repiten, ou emparentar por tipos imaxes diversas, para o que se precisa ter memoria e enxeño ademais de coñecementos previos sobre o tema, para ser quen de poder finalmente liberar a un rei e unha raíña que están apresados. O obxectivo desta proposta de  xogo é traballar sobre a alimentación saudábel e, máis concretamente, as verduras, hortalizas e froitas, para saber recoñecelas e diferencialas entre si, ao tempo que se recoñecen coma unha fonte de alimentación saudábel. A historia que se conta é a dun reino de alimentación saudábel, onde conviven felizmente froitas e verduras ata que, un día, o rei Terrón de Azucre decide invadir este reino para impoñer o reino dos azucres, en prol dunha alimentación non saudábel. Solicitase a colaboración da persoa para evitar a invasión por parte dos azucres, onde haberá que ir reso...

XOGOS DE MESA NA AULA - DOBBLE

Imaxe
  Os Xogos de Mesa na Aula DOBBLE Os xogos de mesa na aula son unha ferramenta moi útil para traballar contidos variados cos que acadar diferentes coñecementos, competencias, habilidades e destrezas sociais, etc... Para traballar a alimentación saudábel e afondar nos coñecementos neste eido, concretamente de froitas, verduras e hortalizas, a proposta que levamos a cabo na aula foi crear unhas fichas de DOBBLE personalizadas coa temática escollida. A máis de buscar as imaxes (sen fondo), e logo de imprimir as fichas, tamén as plastificamos e gardamos, neste caso, nunha latiña de  caramelos con forma circular, (pero que tamén se podería empregar, por exemplo, unha caixa das de queixiños en porcións) xa que, deste xeito, estarán protexidas e perfectamente recollidas, o que fai que a súa durabilidade no tempo sexa maior, podendo botar man delas e empregalas de novo en calquera intre. A nosa percepción é que a sesión resultou dinámica, amena e atraínte para o estudantado, sen dúbid...

PRÁCTICA NA AULA - QUIZ INTERACTIVO

Imaxe
Práctica na Aula -  QUIZ INTERACTIVO Nesta ocasión levamos a cabo, na aula, o desenvolvemento da posta en práctica dun Quiz interactivo previamente elaborado coa App Quizizz . A sesión na aula resultou dinámica e amena, ao tempo que entretida e motivadora. A acollida por parte do alumnado foi boa. Sen dúbida, unha experiencia para repetir! E ti, a que estás agardando? podes acceder ao Quiz e poñer a proba os teus coñecementos! Avante!

QUIZ INTERACTIVO (Quizizz e Kahoot)

Imaxe
  Quizs interactivos Nesta ocasión, queremos compartir convosco un par de quizs interactivos:  Frutas y verduras  e  ¿Cuánto sabes de frutas y verduras? .  Aproveitando as ferramentas e recursos que nos ofrecen as novas tecnoloxías, especialmente as TIC, apostamos por este xeito diferente de ensinar e aprender. Sentes curiosidade polo mundo da alimentación saudábel? Queres ampliar os teus coñecementos neste eido? Comproba canto sabes sobre o tema cos nosos Quiz interactivos. Podes acceder premendo na icona, ou ben a través dos seguintes enlaces: Frutas y verduras (Quizizz): https://quizizz.com/join/quiz/63591bdfa403b6001ddfe47c/start ¿Cuánto sabes de frutas y verduras? (Kahoot!):  https://create.kahoot.it/share/cuanto-sabes-de-frutas-y-verduras/fd50a3e5-0cef-4bfe-a3ad-e34e036a186c

ACTIVIDADES VARIADAS (Educaplay e Wordwall)

Imaxe
Actividades Variadas Aquí, deixámosvos un par de recursos elaborados con Educaplay  e Wordwall , para poder traballar a adquisición de competencias acerca de froitas e verduras. Trátase de dúas actividades interactivas con un deseño sinxelo e atractivo, para que as crianzas poidan aprender desfrutando. Serás quen de acertalas todas? Aprenderás algo novo que aínda non sabías? Non agardes máis, e que comece o divertimento!

FICHAS INTERACTIVAS (Canva e Liveworksheets)

Imaxe
  Fichas Interactivas Con estas fichas, o que se busca é que as crianzas sexan quen de establecer diferenzas entre os diferentes tipos de alimentos, especialmente as froitas, verduras e hortalizas, encamiñadas ao fomento dunha alimentación saudábel. Trátase de fichas pensadas por e para as crianzas, polo que resultarán atractivas e dinámicas para aprender dun xeito lúdico e ameno. Queres probar canto sabes acerca de froitas, verduras e hortalizas? Pois non agardes máis e divírtete facendo este par de fichas que che propoñemos:  Para acceder a esta ficha interactiva, preme AQUÍ. Para acceder a esta ficha interactiva, preme AQUÍ .

VÍDEOQUIZ (Verduras e hortalizas - Edpuzzle)

Imaxe
VídeoQuiz - Verduras e Hortalizas Trátase dunha ferramenta dixital, coa que creamos un recurso interactivo que axuda a traballar diferentes contidos acerca das verduras e hortalizas. Un xeito ameno e entretido de achegar ás crianzas, para que poidan coñecer diferentes aspectos e características das diferentes variedades de hortalizas e verduras que consumimos habitualmente. Sen dúbida, un recurso moi atractivo para a cativada.  E ti? Canto sabes de verduras e hortalizas? Atréveste con este reto? Non agardes máis, e bota unha ollada! Podes acceder  a este recurso premendo AQUÍ .

AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL - UXÍA

Imaxe
 

AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL - VANESSA

Imaxe
AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL

AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL - XELO

Imaxe
  AUTO-AVALIACIÓN DIXITAL Este nivel de competencia dixital foi avaliado a través do test fundamentado nos indicadores do documento Marco Común da Competencia Dixital Docente (INTEF, 2017). Baseándose, por exemplo, no coñecemento e manexo de diferentes aplicacións ou ferramentas, entre as que cabe salientar: Canva, Symbaloo, Procomún, Bitmoji, Blogguer, etc ...

NUBE DE PALABRAS

Imaxe
As nubes de palabras son unha representación gráfica dun grupo de verbas, que varían o seu tamaño e cor dependendo da frecuencia coa que se repitan dentro dun tema (a maior número de repeticións, maior tamaño). Consideramos que as nubes de palabras son unha ferramenta con moitas utilidades, xa que nos permite saber dunha forma rápida e sinxela cales son os conceptos que o alumnado manexa dentro dun tema e, asemade, cales son empregados máis acotío, o que nos serve para reforzar aqueles conceptos menos empregados ou descoñecidos complementando así a información inicial que cada crianza posúe. Tamén serve para traballar co noso alumnado a semántica como contido sobre un tema específico, no noso caso, a alimentación saudábel. Para acceder á versión interactiva desta nube de palabras, preme  AQUÍ ou sobre a imaxe.

CÓDIGO QR

Imaxe
  Os códigos QR son un método que nos permite acceder dun xeito sinxelo e rápido a contidos web específicos sen necesidade de ter que introducir manualmente unha URL. Se non dispós de lector de códigos QR á man, preme AQUÍ  ou na propia imaxe do código. Pensamos que esta ferramenta é moi útil, xa que cada vez está máis presente no plano educativo, polo que é importante ir interiorizándolle aos máis cativos e cativas o seu uso. Na educación, estes códigos empréganse cada vez con máis frecuencia, tanto para facer actividades como para facilitar a súa aprendizaxe dunha maneira máis divertida e creativa, cousa que á cativada lle encanta e, porén, resulta motivadora para empregar como ferramenta no día a día na aula, especialmente con aquelas crianzas que aínda non se iniciaron na lecto-escritura ou están comenzando e lles resultaría moi complexo ter que introducir de xeito manual unha url.

INFOGRAFÍA (GENIALLY)

Imaxe
Trátase dunha ferramenta moi útil á hora de deseñar diferentes infografías, presentacións, cartaces, etc. xa que conta con planteis predeseñados que se poden modificar segundo conveña, optimizando así os tempos empregados para o deseño e elaboración dos diferentes documentos dispoñíbeis. Conta cunha  ampla variedade de deseños totalmente personalizábeis, o que fai que sexa unha recurso moi axeitado para desenvolver o noso maxín e creatividade case sen límite. Como pequena mostra, xeramos a infografía do noso proxecto.  Para poder visualizala, preme sobre a imaxe, ou AQUÍ .

SOBRE SYMBALOO

Imaxe
SYMBALOO... ...é unha plataforma  moi recomendada e utilizada no ámbito educativo, que permite almacenar e agrupar de forma ordenada outras páxinas web e diferentes REA. A través dos enlaces destas pódense crear accesos directos que facilitan a accesibilidade á información e á realización de traballos. Con isto, conséguese ter unha recompilación daquelas plataformas e páxinas empregadas máis acotío, para non perder tempo en buscalas no navegador cada vez que precisemos facer uso delas. En poucas palabras, podemos dicir que é coma un escritorio virtual de enderezos web de uso frecuente. Para acceder  ao noso Symbaloo, preme na imaxe, ou AQUÍ .

SOBRE OS REA E REPOSITORIOS

Imaxe
REA...  (Recursos Educativos Abertos)   ...son materiais pedagóxicos de dominio público que se poden empregar libremente e de xeito gratuito. Trátase de instrumentos de traballo moi útiles, xa que permiten ampliar o campo de información e os recursos dos que se dispón, que poden ser recursos interactivos, contidos didácticos, etc... Deste xeito, atopamos sempre repositorios dos que poder botar man, ou que sirvan de inspiración para a elaboración de novas creacións aplicando pequenas variacións, o que nos permite facer unha adaptación óptima para os nosos traballos.

AS NNTT NA EDUCACIÓN INFANTIL

Imaxe
  As NNTT na Educación Infantil Consideramos que as crianzas aprenden mellor coas novas tecnoloxías, xa que resultan uns recursos atractivos tanto polos deseños coma polos contidos, e tamén polos soportes empregados para o manexo das mesmas.  Isto non nos fai mellores nin peores mestres, pero o feito de poder empregalas axeitadamente e sacarlles partido require, pola nosa parte, unha formación previa e adquisición de competencias á hora de traballar con elas como guías do noso alumnado. Na aula, empregarémolas como un recurso cotiá que formará parte dos contidos do noso día a día coa finalidade de acadar os obxectivos que se deben  cumprir nesta etapa educativa. Pensamos, que as NNTT serven como medio para traballar os diversos contidos do currículo mais, á súa vez, teñen como finalidade que o alumnado chegue a se desenvolver de xeito satisfactorio en calquera campo no que se vexa na obriga de empregar as TIC nun futuro. Na nosa opinión, aínda queda un longo camiño por pe...

REFLEXIÓN SOBRE AS TIC

Imaxe
Para nós a tecnoloxía...   ...É unha ferramenta de traballo coa que podemos empregar unha ampla variedade de recursos na aula, xa que nos permite economizar en tempos e en espazos permitíndonos traballar incluso de xeito asíncrono. A tecnoloxía tamén é un xeito de integrármonos na sociedade. ...Ocupou un lugar pouco salientable na nosa educación aínda que, a pesares disto, o seu uso está cada día máis posto en valor, debido á multitude de beneficios que aporta no eido da educación. ...Ao noso xeito de ver , cabe salientar que se trata dunha ferramenta de traballo moi útil para as xeracións de nativ@s dixitais, xa que con ela chégase a recursos que doutro xeito só estarían ao alcance dun número bastante máis reducido de persoas, e que lles vai ser de utilidade nun futuro.

PRESENTACIÓN DO GRUPO

Imaxe
                 Somos... ...dúas mestras e un mestre do Segundo Ciclo de Educación Infantil (3-6 anos), do CEIP  Rigoberta Menchú . A temática deste brogue está centrada na alimentación saudable, principalmente en verduras e hortalizas, xa que consideramos que son os alimentos que máis lle custa ás crianzas aceptar como parte das súas dietas, e porque pensamos que é importante coñecer e crear hábitos de alimentación saudable dende a infancia. 

PRESENTACIÓN UXÍA

Imaxe
Bos días! Son Uxía, mestra de Infantil neste colexio dende fai tres anos. Os meus compañeiros e eu decidimos emprender este proxecto e a pesar de non ser unha experta nas tic, tentaremos facelo o mellor posible. A continuación comentarei algúns datos curiosos para coñecernos mellor: o primeiro é que desfruto moito facendo traballos manuais de todo tipo (poden implicar dende colorear ata coser) e a miúdo fago eu mesma os materiais utilizados nas aulas. Outro é que adoito ver debuxos animados cos meus fillos e despois trazar as siluetas dos personaxes para que as coloreen. Por último, adoro camiñar e desfrutar da natureza. 

PRESENTACIÓN XELO

Imaxe
Como anda a cousa, rapazada? Son Xelo, mestre de Educación Infantil no CEIP Rigoberta Menchú .    Logo dunha ampla formación coas TIC, animeime a dar o paso e mergullarme neste novo proxecto, do que estou seguro que desfrutaremos ao tempo que aprendemos unha morea de cousas ben interesantes! Para coñecérmonos un chisquiño mellor, direivos que son Graduado en Educación Infantil pola UVigo, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no campus de Pontevedra. Como curiosidades, podo dicir que escribo poesía, desfruto coa lectura e co teatro, sinto curiosidade polo coñecemento doutras linguas, e gústame a creatividade como medio de expresión a través da arte en tódalas súas vertentes.

PRESENTACIÓN VANESSA

Imaxe
  Bos días, benvidos e benvidas ao noso brogue! Eu son Vanessa Rodríguez Gómez, a mestra de Educación Infantil deste centro. Considérome unha persoa moi atenta e moi coidadosa coa rapazada e procurarei facelo todo o mellor que poida en canto as novas tecnoloxías, especialmente, xa que son unha ferramenta moi importante na actualidade. Considérome unha persoa moi creativa, familiar e divertida, e gústame moito a natureza e facer traballos manuais coa rapazada.  Espero que vos guste o noso brogue e que o desfrutedes igual que o imos desfrutar nós!